Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

1 e 2 de xuño: XXXIII Campamento de canóns

1 junio, 09:00 - 2 junio, 18:00

20€
DATAS: 1 e 2 de xuño de 2024
LUGAR: Folgoso do Courel
Agárdante máis de 15 cavorcos perfectamente equipados para desfrutar de fervenzas de ata 40 m de alto. A oferta de actividade inclúe dende curtos descensos de 1 a 2 h de duración, moi recomendables para iniciarse, ata descensos para as persoas máis experimentadas, con 22 fervenzas e unhas 6 h de duración. Recibirás toda a información precisa para o descenso, así coma un servicio gratuíto de taxi para as aproximacións.
>Para desfrutar deste gran tesouro natural asentarémonos en Folgoso do Courel, coa sede do campamento na casa do concello, e a durmida por conta dos participantes nos aloxamentos locais ou áreas recreativas da contorna, coma a area de autocaravanas situada preto de Santa Eufemia. A oferta de actividade compleméntase con talleres formativos, actividades alternativas (abertas a acompañantes) e unha cea para desfrutar en familia dos sabores locais.

**Para poder participar no campamento é imprescindible estar en posesión da licenza do ano en curso, expedida pola FGE ou calquera outra licenza análoga de espeleoloxía recoñecida por esta (as das federacións integradas na CEC/FEE). ** A Licenza da FGM non é válida para este campamento.

**Os/as menores de idade precisan de autorización das nais/pais ou titor legal, que custodiará o clube, e acudir tutelados por un adulto.

Calquera outra situación ou dúbida non prevista neste regulamento será resolta pola organización, a cal poderá cambiar os horarios e as actividades en función do desenrolo do campamento.

**Tedes o programa completo no documento adxunto.

PREZO: 20€ (inclúe cea de confraternidade do sábado, agasallos e participación no sorteo)
DATA LÍMITE PARA INSCRIBIRSE: 17 de maio
Nº PRAZAS: 50

Detalles

Comienza:
1 junio, 09:00
Finaliza:
2 junio, 18:00
Precio:
20€
Categoría del Evento:

Organizadores

Sección Espeleoloxía
Federación Galega de Espeleoloxía