
- Este evento ha pasado.
1 de marzo: Menditour -4ª Mostra de Cine de Montaña e Aventura
1 marzo, 20:00 - 22:00
DATA: 1 de marzo
HORA: 20h00
LUGAR: Auditorio Municipal do Concello de Vigo
** ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR AFORO
O Club Montañeiros Celtas, programa a segunda sesión da 4ª Mostra de Cine de Montaña, Natureza e Aventura en colaboración co Bilbao Mendi Film, un prestixioso festival de cine de Montaña a nivel internacional
A programación será a seguinte:
ADRENALINE SUCKS
SECCIÓN OFICIAL DO MF 2022
V.O -en Subt-es
2022, EEUU, 12min Director: Chase Odgen
O recoñecido esquiador e saltador BASE Matthias Giraud explica o seu enfoque sobre os deportes de aventura e por que non se considera un «adicto á adrenalina».
EGOLAND
V.O – sen diálogos
PREMIO DO PÚBLICO/ MENCIÓN ESPECIAL DO XURADO MF 2022
2022, ESPAÑA, 19min Director: Ignasi López
Marek Molek e Bruno Grassi están a piques de chegar á cima de The Great Troll, a última montaña inescalada, a máis difícil. Unha forte tormenta, o esgotamento e as condicións adversas de neve impídenlles chegar ao cume, cando están a un palmo de facelo. Bruno e Marek discuten sobre se deben ou non dicir a verdade. Mentres tanto, Mike Bacon, o correspondente especial que cobre as noticias, non pode poñerse en contacto con eles e espera ansiosamente no campamento base.
SPINDRIFT: THE BARRY BLANCHARD STORY
SELECCIÓN OFICIAL DO MF 2022
V.O – en Subt -es
2022, Canada, 30min Director: Ivan Hughes
As montañas poden ser espectaculares e inspiradoras, un lugar onde saciar a sede de aventura. Pero tamén poden ser hostís, un lugar onde esa aventura pode converterse rapidamente en traxedia, cando os ventos azoutan e o frio é helador. Para o recoñecido alpinista Barry Blanchard, as montañas foron a súa salvación, nunha traxectoria de triunfos, traxedias e redencións ligadas a elas.
FREE RIDER
SELECCIÓN OFICIAL DO MF 2022
V.O -en/fr Subt -es
2022, Francia, 33min Director: Jérôme Tanon
Sam Anthamatten (esquí) e Victor de Le Rue (snowboard) apuran novos límites no recuncho máis salvaxe de Alaska. Obxectivo: conquistar vertixinosas paredes nunha serie de comprometidos ascensos, a cada cal máis extremo. O narrador Jérôme Tanon describe con honestidade e un toque de sarcasmo o que está a suceder. Sobre todo, quere sentir o que é estar na súa pel, entender de que están feitos os chamados «free riders» e cal podería ser o propósito e a beleza do «freeriding«.