Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

1-3 de novembro: Travesía de Montaña no Macizo Central – Picos de Europa

01/11/2024, 06:00 - 03/11/2024, 23:30

156,30€
SAÍDA: 1 de novembro ás 6h dende Concheiro
VOLTA: 3 de novembro ás 23h30 a Concheiro
Ruta de alta montaña, con tramos de escalada de III-IV grado expostos na subida ao Llambrión e moito desnivel, só para xente experimentada.

1 de novembro (Cordiñanes (875 m)-Collado Jermoso (2059 m)): Sairemos de Vigo, do Concheiro, ás 6:00. Dende Posada de Valdeón colleremos o taxi a Cordiñanes. Subiremos por a Rienda de Asotín, para chegar á Vega de Asotín. Seguiremos a nosa subida por Argayo Berón, Traviesas de Congosto e Argayo Congosto. Durmiremos no Refuxio Diego Mella (Collado Jermoso).

2 de novembro (Collado Jermoso (2059 m)- Vega de Urriellu (1960 m)): Sairemos do Refuxio de  Collado Jermoso con dirección ás Colladinas, desviándonos para ir á Torre de Llambrión (2647 m). Seguiremos as marcas amarelas que nos acompañan ata chegar ao paso máis exposto e aéreo, onde desaparecen, sendo necesario relalizar varias trepadas. Dende aquí seguimos os fitos, con algunha trepada máis ata a cima. Dende o cumio, moi preto da mesma, a uns 15 metros, baixaremos por unha cheminea escondida cara ao Hoyo de Tras Llambrión, coninuando á Collada Blanca e posteriormente deixando á dereita os Hoyos Sengros, para chegar a Cabana Verónica. De Cabana Verónica seguimos o carreiro que vai ao Colado de Horcados Rojos (2502 m),  que deixamos un pouco á esquerda para subir á Torre de Horcados Vermellos. Tras baixar polo mesmo sitio desta, sen chegar ao colado, subimos un pouco cara á nosa dereita para baixar ata o Jou dos Boches e Jou sen Tierre, todo por senda ben marcada, cun par de  trepadas evitables, para chegar o Refuxio de la Vega de Urriellu.

3 de novembro (Vega de Urriellu (1960 m)-Caín (454 m)): Entraremos a Hou sin Tierre polo lado occidental, tomando despois dirección á Horcada de Caín (2394 m). Deixando á dereita Torrecerredo, enfiaremos a Canal de Dobresengos, que nos deixará en Caín, onde colleremos o taxi de volta a Posada. Non se trata dunha etapa longa, pero para non chegar a Vigo moi tarde, deberemos facer unha baixada o máis áxil posible. Ruta a marcha rápida dunha duración de 7h

Debido ás característica do terreo, especialmente do segundo día, deberemos levar casco.

**Todas estas actividades poden ser modificadas por adversidades metereolóxicas.

PREZOS:
Autobús Socio: 80€
Autobús Non Socio: 115€
Aloxamento en media pensión: 76.30€
(Refuxio Collado Jermoso e Urriellu)
Taxi: 7€ /persoa
**É obrigatorio ter a licenza en vigor.
**No momento da reserva é OBRIGATORIO PAGAR o prezo do refuxio para confirmar a reserva. Estes cartos só serán devoltos se alguén pode sustituír a praza.
Inscrición: Travesía de montaña

Detalles

Comienza:
01/11/2024, 06:00
Finaliza:
03/11/2024, 23:30
Precio:
156,30€
Categoría del Evento:

Organizador

Sección Montaña