
1-12 de agosto: Montaña no Parque Nacional dos Écrins
1 agosto, 05:00 - 12 agosto, 21:00
995€DATAS: do 1 ao 12 de agosto
No verán do 2025 iremos a Francia. O Parque Nacional dos Écrins atópase nos Alpes do Sur, no territorio da Provenza francesa. Quizais o macizo dos Écrins non sexa tan famoso como o do Mont Blanc pero desde logo é moi similar en beleza e opcións para alpinistas.
Conta con máis de 150 cumes que superan os 3000m, 40 glaciares e máis de 700 km de carreiros marcados e varias ferratas. Algunhas montañas emblemáticas do macizo dos Écrins son: a Barre des Écrins (4.102m), o Pelvoux (3.946m), a Meije (3.984m), o Ailefroide (3.954m), o Coolidge (3.775m) ou a Aiguille du Goléon (3.427m).
PREZO DESPRAZAMENTO: 500€
- Vigo- Madrid – Marsella en avión. Maleta facturada ata 23kg + equipaxe de cabina
- Desprazamento en autobús dende o aeroporto de Marsella ata Pelvoux (ida e volta) (+-4h)
PREZO ALOXAMENTO: 495€ en media pensión
Chalet Alpin l’Eychauda: cuartos para 4 persoas con cuarto de baño.
**Haberá tres pagos e os cartos só serán devoltos en caso de ser sustituido/a.
1º Pago: 195€ a primeira semana de xaneiro
2ª Pago: 400€ antes do 21 de marzo
3º Pago: 400€ antes do 4 de xullo
Inscrición: Parque Nacional dos Écrins