Temos o pracer de comunicarvos que o día 17 de xuño publicouse no DOGA o anuncio de que somos Entidade de Utilidade Pública.
Lembramos as vantaxes que esto implica para o Club e socios/as:
O imposto de sociedades sería nulo ou practicamente nulo para o Club.
Os donantes e soci@s que aporten fondos a Montañeiros Celtas poderían obter descontos no seu imposto da renda ou no imposto sobre sociedades (de seren sociedades mercantís) sempre que non sexan pagos de actividades ou de produtos.
A propia declaración pódese amosar ao exterior como un logro da entidade que a amosa como unha entidade confiable pola administración e a sociedades.
Posibilidade de solicitar subvencións ás que non tiñamos acceso.
Podedes consultar o anuncio no documento adxunto.
Se tedes algunha dúbida ou pregunta estamos á vosa enteira disposición.